TeatroE TI QUÉN VÉS SENDO?
Que pasaría se, de súpeto, alguén ocupase o teu lugar na vida? Pero non alguén en xeral, senón unha copia exacta de ti mesmo, que coñece ata os máis íntimos detalles da túa vida. Como demostrar que un mesmo é o "auténtico" cando o "outro" é idéntico a un mesmo?
Este é o arranque da peripecia do Anfitrión de Plauto, revisitada en clave actual por Cándido Pazó. Anfitrión e o seu escravo Sosia son suplantados polos deuses Xúpiter e Mercurio mentres están na guerra. O motivo deste engano é o desexo amoroso de Xúpiter por Alcmena, a muller de Anfitrión.
Ficha artística
Autor: Cándido Pazó Dirección: Cándido Pazó Elenco: Toño Casais, Artur Trillo, David Creus, Dani Trillo, Marta Ríos, Rosi Barcala, María Ordóñez, Diego Rey, Gustavo G. Dieste y Xurxo Barcala.
Contenidos relacionados
 PEQUENA Un espectáculo dirixido a público infantil, para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo.  CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO Un espectáculo áxil e divertido, dirixido a público infantil e que pon en valor a amizade a través dunha estética expresionista.
Máximo Toxo, gran escritor, aínda que pouco coñecido. Vive pechado na súa casa, buscando acadar a obra perfecta, o libro polo que será recordado eternamente (e que lle permitirá pagar as súas débedas).  MUNDOS CONTADOS Unha atractiva viaxe que nos fará pensar en que planeta vivimos, poñendo de releve os aspectos diferenciadores das distintas culturas do mundo. Dín que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela.  VOLPONE Unha divertida comedia que retrata satíricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interés reunir fortunas sen importar o rídiculo que teñan que facer nen o custo que outros teñan que pagar.
|